Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2023 Páx. 19542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de marzo de 2023 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2022000912 e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2023

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de
expediente

Predio

00956-Ampliación e mellora da CP 3606 de Covas a San Xurxo

Hrdos. Santiago, Manuel Fernández

2.2.2023

2022000912

168

Manuel Santiago López e 4 máis

2.2.2023

2022000913

168 A

Manuel Santiago López e 4 máis

2.2.2023

2022000914

173

Manuel Santiago López e 4 máis

2.2.2023

2022000915

173 A

José María Díaz López e 2 máis

2.2.2023

2022000916

191

Manuela Díaz López e 2 máis

2.2.2023

2022000917

191 A

01962-Mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago. Termo municipal Santiago de Compostela. Ámbito: Camiño Francés. Clave AC/17/012.10.2

Hrdos. Ramón Ferreiro López e outros

27.10.2022

2022000545

1

02190-Modificado nº 1 vía de conexión A-52 co polígono industrial San Cibrao das Viñas, treito A-52 a N-525. Termo municipal Taboadela. Clave OU/15/107.01.M1

Manuel Seara

2.2.2023

2022000840

1000 NA

José Martínez Santas

2.2.2023

2022000844

1007 NA

Carlos Martínez Boo

2.2.2023

2022000850

1014 CO

02194-Construción de fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito Bragüín-Seixo, p.q. 2+900-3+700. Clave PO/16/265.06. Termo municipal Marín

María Teresa Carballal Vidal

2.2.2023

2022000900

10