Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2023 Páx. 19544

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO do acordo plenario de cambio de uso dun terreo.

O Pleno deste concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 13 de febreiro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Cambiar o uso principal da parcela de referencia catastral 3625621NH6932S0001HW situada na avenida do Carregal do concello de Betanzos de uso dotacional educativo a uso dotacional sanitario asistencial.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Remitir o acordo á Consellería de Sanidade, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e departamentos municipais interesados na súa tramitación, para os efectos do seu coñecemento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis procedente e sexa conforme a dereito.

Betanzos, 15 de febreiro de 2023

María Barral Varela
Alcaldesa