Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2023 Páx. 19045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2022/398-1).

Expediente: IN407A 2022/398-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT rural e RBT Montefaro.

Concello: Valdoviño.

1. Características técnicas:

– Centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 15088A50200958 sita no lugar de Montefaro (concello de Valdoviño).

– Modificación proxectada no apoio nº 79-5 (matrícula APHUIC78) existente, de formigón tipo HV-1600/11 emprazado no treito da liña SMR-711 comprendido entre o CT Montefaro (expediente IN407A 2016/1599-1/matrícula 15CS46) e o CT particular Copagro (matrícula 15PS45), consistente na instalación dun (1) paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de pararraios autoválvulas e de elementos de seccionamento tipo XS.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 342 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe paso aéreo-soterrado (PA/S) anterior e remate en cela de liña do novo CT proxectado.

– Reordenación da rede de baixa tensión alimentada actualmente desde o CT Montefaro (expediente IN407A 2016/1599-1/matrícula 15CS46) mediante a instalación de dous (2) circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), de 385 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios existentes de formigón tipo HV-630/11 e HV-160/9 nos cales se abrirán as pontes para separar a rede existente da rede proxectada e así descargar o CT Montefaro en funcionamento.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 27 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Montefaro

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Valdoviño

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Descoñecido

15088A50200958

Polígono 502, parcela 958

Amedo

CT

14,96

Labor