Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2023 Páx. 19083

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para reordenación de volumes na avenida Rodrigo de Mendoza, s/n, esquina rúa Ramón Cabanillas, promovido por ORV Contrataciones de Galicia, S.L.

Mediante Resolución desta alcaldía, do 7 de marzo de 2023, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para reordenación de volumes na avenida Rodrigo de Mendoza, s/n, esquina rúa Ramón Cabanillas, promovido por ORV Contrataciones de Galicia, S.L. e redactado polo arquitecto Carlos Berride Abalo, asinado dixitalmente o 17.1.2023.

Conforme o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o estudo estará exposto ao público, na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nese prazo poden presentarse reclamacións ou alegacións.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello (http://sede.vilagarcia.gal).

Vilagarcía de Arousa, 8 de marzo de 2023

Alberto Varela Paz
Alcalde