Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2023 Páx. 19082

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Somozas

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez aprobada inicialmente polo Pleno municipal, en sesión do 21 de decembro de 2022, a modificación puntual núm. 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello das Somozas, para aumentar a dotación de solo industrial, en cumprimento dese acordo e das prescricións contidas no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente á información pública polo prazo de dous (2) meses, mediante o anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no xornal La Voz de Galicia, así como na sede electrónica deste concello: https://assomozas.sedelectronica.gal, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, no seguinte enderezo:

https://assomozas.es/documentacion-de-la-modificaciond-el-pxom-del-concello-de-as-somozas/

A aprobación inicial comporta a suspensión do outorgamento de licenzas nas áreas afectadas pola modificación do PXOM. A duración máxima da suspensión será de dous anos.

As Somozas, 27 de febreiro de 2023

Juan Alonso Tembrás
Alcalde