Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2023/006-1).

Expediente: IN407A 2023/006-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LAT 66 kV CTO.1 Morás-Carral. Distancias antirregulamentarias entre o apoio núm. 28 e o apoio núm. 32.

Concello: A Coruña.

1. Características técnicas:

– Modificación, respectando o seu actual trazado, do treito da liña LAT 66 kV subestación Morás-subestación Carral de 674 metros de lonxitude comprendido entre os seus apoios núm. 28 e núm. 32, autorizado no expediente 5.912, consistente na substitución do apoio núm. 30 (matrícula 92004729) metálico tipo celosía AL-SUS/U70-BS, polo novo apoio metálico tipo celosía AL-AM-O-3000/14,90-T2/1,3T/1×CA-120-66-IV, que pasará a ser identificado como apoio núm. 30N e que se desprazará cinco (5) metros cara ao apoio núm. 31 existente respecto da localización actual do apoio núm. 30.

– Esta operación implicará a retirada provisional do condutor tipo AL-AC-18.2 no treito da liña comprendido entre os seus apoios núm. 28 e núm. 32 e da fibra óptica tipo AUT-24 no treito comprendido entre os seus apoios núm. 28 e núm. 31 para proceder á súa posterior reinstalación e regulado nos treitos indicados unha vez instalado o apoio proxectado, a demolición da cimentación existente do actual apoio núm. 30, o recheo da cepa que se vai retirar e a construción dunha nova cimentación para o apoio núm. 30N proxectado.

– Instalación de posta a terra dobre con picas no novo apoio núm. 30N proxectado.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 23 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LAT 66 kV CTO.1 Morás-Carral. Distancias antirregulamentarias entre o apoio núm. 28 e o apoio núm. 32

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal da Coruña

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Elisa Meijide Iglesias

José María Teijido Iglesias

Herdeiros de José Enrique Parada Iglesias

Polígono 11, parcela 106

Cotos

Novo apoio 30N

4

Agrario