Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 17 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2023/021-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: reforma LMT CAS805-CAS806 entre apoios núm. D29 e núm. D34.

Situación: lugares de Santo Estevo e A Frieira; concello de Castrelo de Miño.

Características principais recollidas no proxecto:

– Instalación de dous novos apoios proxectados, núm. D29 e núm. D34, de celosía metálica, do tipo C-16/7000, intercalados na LMTA existente, dobre circuíto (DC) CAS805-CAS806, retensando os condutores existentes do tipo LA-110 sobre os apoios proxectados.

– LMTS proxectada, a 20 kV, de 1454 m de lonxitude, dobre circuíto (DC), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240 Al.) con orixe e final nos pasos A/S proxectados que se van realizar nos apoios proxectados núm. D29 e núm. D34.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 3.11.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 17 de febreiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/021-3.

Situación: concello de Castrelo de Miño.

Denominación: reforma LMT CAS805-CAS806 entre apoios núm. D29 e núm. D34.

Predio núm. en proxecto: 1; Referencia catastral: 32023A068001500000HA.

Lugar: Fonteiriña.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio/CT: ocupación de 2 m² para o apoio D29 e 12 m² de servidume de voo.

Predio núm. en proxecto: 2; Referencia catastral: 32023A068001510000HB.

Lugar: Fonteiriña.

Cultivo: viñas.

Titular: María del Carmen Villanueva Cobelas.

Afeccións: ocupación de 24 m² de servidume de voo.