Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Penas Pardas, nos concellos de Abadín e A Pastoriza (expediente IN408A/2020/067).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

• O 4.5.2020, Norvento, S.L.U. presentou solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Penas Pardas (en diante, o parque eólico), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e pola disposición derradeira sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• O 20.7.2020, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle ao promotor a admisión a trámite da solicitude.

• O 13.10.2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe sobre o proxecto sectorial, segundo o previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

• O 2.12.2022, e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a DXPERN achegou a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/Promotora: Norvento, S.L.U. NIF B27210285.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 23, 27003 Lugo.

Denominación do proxecto: parque eólico Penas Pardas.

Situación: concellos de Abadín e A Pastoriza (Lugo).

Área de desenvolvemento eólico (ADE): Pastoriza.

Potencia instalada: 29 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 5.

Produción neta anual estimada: 108.792 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 18.430.678,84 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

626.375,5

4.798.627,5

2

627.880,5

4.798.957,5

3

627.884,5

4.798.317,0

4

627.480,0

4.798.317,0

5

627.383,5

4.797.970,5

6

626.870,5

4.797.297,5

7

626.870,5

4.796.856,5

8

626.375,5

4.796.856,5

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

PEP01

627.641

4.798.685

A Pastoriza

PEP02

627.229

4.798.634

A Pastoriza

PEP03

626.608

4.798.225

A Pastoriza

PEP04

626.757

4.797.206

A Pastoriza/ Abadín

PEP05

627.327

4.798.180

A Pastoriza

Coordenadas da subestación:

Posicións

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

627.054,6

4.798.145,2

2

627.081,4

4.798.185,9

3

627.123,1

4.798.158,4

4

627.096,4

4.798.117,8

Características técnicas principais das instalacións:

• Cinco (5) aeroxeradores de 5,8 MW de potencia nominal unitaria, dous (2) de ata 125m de altura de buxa, ata 170 m de diámetro de rotor e ata 200 m de punta de pa, e tres (3) de ata 125 m de altura de buxa, ata 155 m de diámetro de rotor e ata 200 m de punta de pa.

• Cinco (5) centros de transformación, integrados no interior de cada un dos aeroxeradores, de 6.500 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, co seu correspondente equipamento de manobra, protección e demais elementos auxiliares.

• Rede eléctrica soterrada para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación 0,69/30 kV e a subestación transformadora 30/132 kV, composta por condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV e seccións de 240 e 400 mm2 de aluminio. Na gabia da liña colectora tamén se colocarán os cables de terras e os de fibra óptica para comunicacións.

• Subestación transformadora 30/132 kV para evacuación da enerxía producida no parque eólico, composta por un transformador principal 30/132 kV, de 30/40 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servizos auxiliares 30/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

• Obra civil consistente en camiños de acceso ao parque e interiores de acceso aos aeroxeradores, plataformas de montaxe, subestación, edificio de control, cimentacións e gabias de cablaxe.

• Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

• Proxecto de execución (Visado 0305/20 Colexio Nacional de Enxeñeiros ICAI, data 23.1.2023).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado 23.11.2022).

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (asinado 18.1.2023).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (Rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39), así como nos concellos de Abadín e A Pastoriza (Lugo).

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/penas-pardas

Lugo, 7 de febreiro de 2023

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo