Mediante a Resolución da Alcaldía do 13 de febreiro de 2023 aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza vacante no persoal municipal denominada persoal laboral fixo oficial/a de primeira servizos varios, polo sistema de concurso-oposición.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 35, do 20 de febreiro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria para a contratación da praza.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, na sede electrónica deste Concello (http://morana.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.
Moraña, 21 de febreiro de 2023
José Cela Camiño
Alcalde presidente