A Alcaldía do Concello de Carral, a través dos decretos 118, 119, 120 e 121/2023, do 6 de marzo, unha vez avocadas as competencias delegadas na Xunta de Goberno local, resolveu aprobar as bases reguladoras do proceso selectivo para a funcionarización dunha praza de conserxe-notificador, dúas de auxiliar administrativo, unha de auxiliar técnico de obras e unha de traballador/a social desempeñadas por persoal laboral fixo do Concello, ao abeiro da disposición transitoria segunda do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (TRLEBEP), en execución da oferta de emprego público ordinaria do ano 2022, publicada no BOP número 185, do 28 de setembro de 2022.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Carral, 8 de marzo de 2023
Francisco Javier Gestal Pose
Alcalde