De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos/ás interesados/as que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente ANP-OU-0012/2022 e catro máis.
Os actos foron adoptados pola directora xeral de Patrimonio Natural.
Os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, situadas na rúa San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2023
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural
ANEXO
Expediente |
DNI |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
ANP-OU-0012/2022 |
20033653D |
Resolución |
Directora xeral de Patrimonio Natural por delegación da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda |
ANP-PO-0092/2022 |
X8696583F |
Resolución |
Directora xeral de Patrimonio Natural por delegación da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda |
ANI-OU-0028/2022 |
49707588B |
Resolución |
Directora xeral de Patrimonio Natural |
ANI-CO-0020/2022 |
34881717D |
Resolución |
Directora xeral de Patrimonio Natural |
ANI-CO-0001/2022 |
47384321C |
Resolución |
Directora xeral de Patrimonio Natural |