Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade de resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: complexo industrial de tratamento de subprodutos cárnicos non destinados a consumo humano e planta de coincineración (gasificación + combustión) de fariñas de carne e óso de categoría 1

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Gestora de Subproductos de Galicia, S.L. (Gesuga, S.L.)

Expediente de modificación: 2022-IPPC-M-149

Localización: concello de Cerceda

Núm. rexistro AAI: 2005/0009_NAA/IPPC_009

Instalación: fábrica de eléctrodos de grafito

Procedemento: cambio de denominación social do titular da autorización ambiental integrada

Antiga denominación social do titular:

Showa Denko Carbon Spain, S.A.

Nova denominación social do titular: Resonac Graphite Spain, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2007/0007_NAA/IPPC_145

Localización: concello da Coruña (A Coruña)

Expediente: 2023-IPPC-M-12

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou, de xeito presencial, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático