Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2023 Páx. 18087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, polo sistema de oposición, dunha praza de administrativo/a.

Procedemento: convocatoria e selección de funcionario de carreira.

Número de expediente: 366/2023.

Asunto: anuncio do Diario Oficial de Galicia relativo a un proceso de convocatoria e selección de funcionario de carreira.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 6 de febreiro de 2023, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de administrativo/a, con vinculación xurídica de funcionario de carreira mediante o sistema de oposición en quenda libre.

As referidas bases foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 042, do 20 de febreiro de 2023.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Vilalba, 20 de febreiro de 2023

Elba Veleiro Fernández
Alcaldesa