Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2023 Páx. 18088

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de persoal empregado investigador no marco de estabilización de emprego temporal.

Mediante a Resolución do 7 de decembro de 2022 (DOG do 27 de decembro) convocáronse as probas selectivas para cubrir tres prazas de técnico/a superior de xestión e unha praza de técnico/a superior de investigación, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta na web do CITMAga: https://citmaga.gal/w/proposta-estabilizacion

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión remitirase unha instancia a través do formulario xeral de rexistro da sede electrónica da USC:

https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2023

Antonio López Díaz
Presidente do Consello Reitor do CITMAga