De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 2 de decembro de 2022 (BOE do 12 de decembro), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.
Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.
Os citados nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación de esta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de un mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2023
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Nº concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código praza |
1C/23 |
Marta Inés |
Miranda Castañón |
***7568** |
Catedrático/a de universidade |
Medicina e Cirurxía Animal |
Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias |
Lugo |
A00678 |
2C/23 |
José Miguel |
Túñez López |
***5355** |
Catedrático/a de universidade |
Xornalismo |
Ciencias da Comunicación |
Santiago de Compostela |
A00679 |
4C/23 |
Evaristo |
Varo Pérez |
***2400** |
Catedrático/a de universidade |
Cirurxía |
Cirurxía e especialidades Médico-Cirúrxicas |
Santiago de Compostela |
A00681 |
5C/23 |
Ángel Luis |
Fernández González |
***9042** |
Catedrático/a de universidade |
Cirurxía |
Cirurxía e especialidades Médico-Cirúrxicas |
Santiago de Compostela |
A00682 |
7C/23 |
Luis Alberto |
Otero González |
***7932** |
Catedrático/a de universidade |
Economía Financeira e Contabilidade |
Economía Financeira e Contabilidade |
Santiago de Compostela |
A00684 |
19C/23 |
Helena Rosa |
De Carlos Villamarín |
***5526** |
Catedrático/a de universidade |
Filoloxía Latina |
Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana |
Santiago de Compostela |
A00696 |
35C/23 |
María Marta |
López Alonso |
***2219** |
Catedrático/a de universidade |
Medicina e Cirurxía Animal |
Patoloxía Animal |
Lugo |
A00712 |
36C/23 |
Cristina |
Castillo Rodríguez |
***6208** |
Catedrático/a de universidade |
Medicina e Cirurxía Animal |
Patoloxía Animal |
Lugo |
A00713 |
37C/23 |
Joaquín |
Hernández Bermúdez |
***5247** |
Catedrático/a de universidade |
Medicina e Cirurxía Animal |
Patoloxía Animal |
Lugo |
A00714 |
40C/23 |
Cristina Asunción |
Fente Sampayo |
***1949** |
Catedrático/a de universidade |
Nutrición e Bromatoloxía |
Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía |
Lugo |
A00717 |