Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2023 Páx. 17998

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Mecánica de Medios Continuos e Teoría de Estruturas.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 15 de novembro de 2022 (BOE do 22 de decembro), para a provisión da praza número 22/040, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Mecánica de Medios Continuos e Teoría de Estruturas, Departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas desta universidade, a favor de Félix Leandro Suárez Riestra, con DNI núm. ***5351**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Félix Leandro Suárez Riestra profesor titular de universidade da área de coñecemento de Mecánica de Medios Continuos e Teoría de Estruturas, Departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas desta universidade.

No prazo máximo de vinte días contado desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 7 de marzo de 2023

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña