Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2023 Páx. 17992

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

Mediante a Resolución do 15 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 58, do 24 de marzo), modificada co fin de ampliar o número de prazas mediante as resolucións do 10 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 17 de xuño) e do 30 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 5, do 9 de xaneiro de 2023), convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade coa base sexta da resolución de convocatoria, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter provisional, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 15 de marzo de 2022.

Segundo. A lista coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os/as declarados/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, poderá examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante escrito dirixido á mesma Unidade de Validación a que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

Cuarto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderase implícita na resolución pola que se aprobe, con carácter definitivo, a relación de admitidos/as e excluídos/as e de exentos/as e non exentos/as do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos