Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2023 Páx. 17796

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 6 de marzo de 2023 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca a concurso público unha praza de profesor/a contratado/a doutor/a.

Publicada a oferta de emprego público para o ano 2022, pola Resolución do 10 de marzo de 2022 (DOG do 21 de marzo).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que mediante a Resolución do 6 de marzo de 2023 se convoca un concurso para a provisión da seguinte praza de profesorado contratado doutor:

• Oferta de emprego público ano 2022: 1 praza.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web:

http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de marzo de 2023

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Alberto Valderruten Vidal
Vicerreitor de Profesorado e Planificación
Docente da Universidade da Coruña