Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2023 Páx. 17853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 28 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2022/0384-4 e tres máis.

Tras intentar as notificacións persoais e seren devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible efectualas, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a presente cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselles saber ás persoas interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2022/0384-4.

Acta: I362022000065559.

Empresa: Gastrónomos de Vigo Reunidos, S.L.

Enderezo: avda. de Castrelos, 20, baixo, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 39.1 e 39.3.f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 11.1.2023.

Resolución: multa de 10.000 €.

Expediente: RL 2022/0387-4.

Acta: I362022000067579.

Empresa: Gastrónomos de Vigo Reunidos, S.L.

Enderezo: avda. de Castrelos, 20, baixo, Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 34.9 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores, e artigos 12, 23 e 34 a 38 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 7.5 e 39.6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 11.1.2023.

Resolución: multa de 751 €.

Expediente: RL 2022/0410-4.

Acta: I362022000072330.

Empresa: Xoel Fernández Domonte.

Enderezo: rúa Burgos, 33, baixo, Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 34.9 do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015.

Preceptos sancionadores: artigos 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigos 12, 23 e 34 a 38 do Estatuto dos traballadores.

Data da resolución: 11.1.2023.

Resolución: multa de 751 €.

Expediente: RL 2022/0496-4.

Acta: I362022000081020.

Empresa: Vimar 13, S.L.

Enderezo: estrada de Salceda-A Casilla, Atios, 16 B, O Porriño.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 4.2.e) do texto refundido do Estatuto dos traballadores en relación co Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 39.2 e 6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 9.2.2023.

Resolución: multa de 7.501 €.

Vigo, 28 de febreiro de 2023

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra