Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2023 Páx. 17525

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 2 de marzo 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciados polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI427A).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2023, a través da Resolución do 26 de decembro de 2022 (DOG núm. 13, do 19 de xaneiro), subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para levar a cabo programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que respondan a algún dos seguintes tipos:

a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.

b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Resolución do 26 de decembro de 2022, e no artigo 8 determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude. Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 11 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, tamén se indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, os citados requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 8.bis da Resolución do 26 de decembro de 2022, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través do número de teléfono 981 54 53 69.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2023

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº de expte.

Entidade

Documentación requirida

SI427A 2023/01

Coordinadora Proyecto Escan

1. Acreditación de que a entidade ten domicilio social ou delegación en Galicia.

2. Anexo III: presentaron dous anexos e os datos non son coincidentes, polo que deberán presentar un novo anexo III cos datos a ter en conta para a subvención.

3. Aclaración sobre o número de profesionais adscritos/as ao programa, xa que no anexo III relacionan varios postos de traballo, pero logo só presentan unha ficha individualizada dunha persoa profesional (anexo IV).

4. Anexo IV: no presentado non constan os datos persoais da persoa profesional. Ademais, o número de horas imputadas ao programa (400) excede o número total de horas previsto no último parágrafo do artigo 6.5 para as persoas vinculadas coa entidade (máximo 100 horas).

5. De ser o caso, anexos IV do resto das/dos profesionais adscritas/os ao programa.

6. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalemente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto. Ademais, deberán ter en conta o indicado nos puntos 4 e 5 anteriores.

SI427A 2023/02

Asociación de Voluntarios de Ayuda a Necesitados (AVAN)

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Documentación acreditativa da representación que exerce a persona que asina electronicamente a solicitude para actuar en nome da entidade (presentou dous anexos I, pero só é válido o presentado de forma electrónica, sempre e cando acrediten a representación da persoa que o está asinando).

3. Anexo III: no presentado non se especifican o/os colectivo/s de mulleres en situación de especial vulnerabilidade ao/aos cales vai dirixido o programa; a temporalización do programa excede o período subvencionable da convocatoria e as actuacións que compoñen o programa non están descritas detalladamente.

4. No anexo IV non se indica o posto de traballo que vai desempeñar o persoal profesional, o período de dedicación ao programa está fóra do período subvencionable e o número de horas imputadas ao programa (750) excede o número total de horas previsto no último parágrafo do artigo 6.5 para as persoas vinculadas coa entidade (máximo 100 horas).

SI427A 2023/03

Asociación Cultural Os Tres Reinos

1. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2023/04

Asociación Deportiva e Cultural Bolboreta A Coruña Dragon Boat BCS

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Anexo II: certificación da/do secretaria/o da entidade sobre o acordo de solicitar a subvención e sobre a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

3. Anexo IV: fichas individualizadas das/dos profesionais que desenvolvan ou vaian desenvolver os servizos.

4. Anexo III: no presentado non se especifica/n o/os colectivo/s de mulleres en situación de especial vulnerabilidade ao/aos cales vai dirixido o programa de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria. Ademais, as actuacións descritas non encaixan nos servizos subvencionables establecidos no artigo 5.3 da convocatoria.

SI427A 2023/05

Asociación Alume Saúde Mental

1. Anexo II: o presentado está asinado polo presidente da entidade, non polo secretario.

SI427A 2023/06

Asociación Amicos

1. Anexo II: o presentado está asinado pola presidenta da entidade, non pola secretaria.

2. Anexo IV correspondente á avogada: no presentado non ten asignada a tarefa c) de asesoramento xurídico e ten asignada a tarefa b) de atención psicolóxica, tarefa para a cal non ten a titulación requirida.

SI427A 2023/08

Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario Daleth

1. Anexo IV correspondente á profesional Susana: non se poden validar as sinaturas electrónicas (tanto da profesional coma da representante) e os datos persoais da profesional non coinciden cos que figuran no campo da sinatura.

SI427A 2023/10

Asociación Íntegro para la Diversidad Funcional de las Comarcas de Bergantiños de Soneira e Fisterra

1. Anexo II: no presentado a sinatura electrónica non é válida.

SI427A 2023/18

Federación Escolas Agrarias de Galicia EFA

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persona que asina electronicamente a solicitude para actuar en nome da entidade.

2. Anexo I: aclaración sobre a contía solicitada, no anexo presentado está sen cubrir.

3. Anexo III: no presentado non se especifica o/os colectivos de mulleres ao/aos que vai dirixido o programa de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria; a temporalización do programa non coincide coas datas de adscrición do persoal; as actuacións que compoñen o programa non están descritas de forma detallada (e tampouco na memoria complementaria); na relación do persoal adscrito ao programa non se indica a titulación requirida para o desempeño do posto de traballo.

SI427A 2023/19

Acción Familiar Ferrol (AFA Ferrol)

1. Anexos IV: nos presentados non se pode validar a sinatura electrónica da representante legal da entidade.

SI427A 2023/21

Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (Feafes)

1. No certificado da secretaria onde se acredita as asociacións que integran a federación non se especifica o NIF de cada unha delas.

2. Anexos IV: a denominación dos postos de traballo das profesionais non coincide coa denominación indicada no anexo III (ademais, no anexo III e no anexo IV as denominacións dos postos de traballo deben corresponderse cos que constan nos seus contratos de traballo). Por outro lado, no anexo IV, correspondente ao avogado, non ten asignada a tarefa c) de asesoramento xurídico e ten asignada a tarefa b) de atención psicolóxica, tarefa para a cal non ten a titulación necesaria.

SI427A 2023/23

Asociación Limisi

1. Anexo I: aclaración sobre a contía solicitada, no anexo presentado está sen cubrir.

2. Aclaración sobre os concellos en que se vai desenvolver o programa, relacionándoos un a un.

SI427A 2023/25

Auxilia Delegación Lugo

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina electronicamente a solicitude para actuar en nome da entidade.

2. Anexo II: no presentado non se pode validar a sinatura electrónica do secretario da entidade.

SI427A 2023/27

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

1. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalemente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2023/28

Asociación Down Ourense

1. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalemente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2023/29

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada

1. Anexo II: no presentado nos datos da persoa secretaria da entidade figuran os datos do presidente da entidade.

2. Anexos IV: nos presentados o número de horas imputadas ao programa non está no formato exixido.

3. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalemente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2023/30

Fundación Amigó

1. Anexos IV: nos presentados a data de finalización da adscrición ao programa non é correcta, está fóra do período subvencionable desta convocatoria.

SI427A 2023/33

Femuro

1. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que a que se indica no anexo III está fóra do período subvencionable, comprendido entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023, ambos os dous incluídos e ademais non coincide coa data de adscrición do persoal ao programa.

SI427A 2023/34

Asociación Puntodelas-Secretariado das Mulleres

1. Anexo III: aclarar a temporalización do programa, xa que non coincide coa data de adscrición de persoal ao programa. Ademais, na relación do persoal adscrito ao programa non se indica o posto de traballo que vai desempeñar o persoal, senón os datos persoais das/dos profesionais e as titulacións indicadas non se corresponden cos postos de traballo que constan nos anexos IV (agás no caso do asesor xurídico).

2. No anexo III relacionan a cinco profesionais, pero logo só presentan catro fichas individualizadas (anexos IV).

SI427A 2023/35

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

1. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que a que se indica no anexo III está fóra do período subvencionable, comprendido entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023, ambos os dous incluídos e ademais non coincide coa data de adscrición do persoal ao programa.

SI427A 2023/40

Asociación Mirabal

1. No anexo IV correspondente á profesional Ana María non se indica o posto de traballo que vai desempeñar e o número de horas imputadas ao programa (150) excede o número total de horas previsto no último parágrafo do artigo 6.5 para as persoas vinculadas coa entidade (máximo 100 horas).

SI427A 2023/42

Asociación Patronato Concepción Arenal

1. Anexos IV: os presentados son ilexibles.

SI427A 2023/48

Asociación de Ayuda a los Toxicómanos Érguete

1. Anexos IV correspondentes aos postos do traballador social e das dúas educadoras: deberán revisar as tarefas asignadas, xa que se inclúen tarefas para as cales non teñen a titulación requirida.

SI427A 2023/49

Casa Hogar de Santa Isabel Congregación Siervas de la Pasión

1. Acreditación de que a entidade solicitante (Casa Hogar Santa Isabel-R0800086A) está inscrita na área de igualdade do RUEPSS.

2. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina electronicamente a solicitude para actuar en nome da entidade solicitante.

3. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalemente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

4. Anexos IV: deberán revisar as tarefas asignadas, xa que se inclúen tarefas para as cales non teñen a titulación requirida.

SI427A 2023/50

Asociación para el empoderamiento de personas vulnerables y/o en riesgo de exclusión social (Aperes)

1. Anexos IV: no anexo III indican que no programa se van prestar os servizos b), c) e f), pero ningunha das persoas profesionais ten adscritas estas tarefas.

SI427A 2023/52

Asociación E-Deidades para a integración laboral e social da muller

1. Anexo II.

2. Anexo IV: a asignación de tarefas non coincide cos servizos dos que se compón o programa e o número de horas dedicadas ao programa non está no formato exixido.

3. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que a indicada no anexo III non coincide coas datas de adscrición da profesional.

SI427A 2023/54

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo

1. Anexo IV correspondente á traballadora social Nera: no presentado non se indica o grupo profesional.

SI427A 2023/55

Asociación de Mulleres Algueirada de Manzaneda

1. Anexo III: no presentado na relación do persoal adscrito ao programa non se indica a titulación requirida para o desempeño dos postos de traballo.

SI427A 2023/56

Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama

1. Anexos IV: nos presentados non se pode validar a sinatura electrónica da persoa representante da entidade, e no correspondente á avogada tampouco se pode validar a sinatura electrónica da profesional.

2. Aclaración sobre se a traballadora social e as psicólogas forman parte da xunta directiva da entidade, xa que nos anexos IV presentados indican que non forman parte pero na memoria complementaria, no apartado de recursos humanos dedicados ao programa, indican o contrario.

SI427A 2023/57

Asociación Centinelas

1. Anexo III: aclarar a temporalización do programa, xa que a indicada no anexo III non coincide coa data de desenvolvemento da actuación a) de servizo de información e orientación e de adscrición de persoal ao programa da técnica en integración social, Uxía.

2. Anexo IV correspondente á traballadora Natalia: no presentado non se lle asigna ningunha función.

SI427A 2023/59

Asociación Comité Cidadán Antisida da Coruña

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Anexo II: o presentado está asinado pola presidenta da entidade, non pola secretaria.

3. Anexos IV.

SI427A 2023/62

Federación Aspace Galicia

1. Aclaración sobre as axudas declaradas: deberán indicar a que gastos do programa se destina e cal é o período subvencionado por tales axudas, xa que de acordo co artigo 3.1 das bases reguladoras as subvencións obxecto desta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.

2. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalemente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2023/64

Federación de Asociaciones de Asistencia a Víctimas de violencia sexual y de género-FAMUVI

1. Acreditación de que a entidade ten domicilio social ou delegación en Galicia.

2. Copia do DNI da persoa que actúa en representación da entidade solicitante.

3. Anexo II: o presentado non é válido porque a persoa que está certificando é a presidenta da entidade, non a persoa secretaria. Ademais, non está cuberto o campo da data en que a xunta directiva adopta o acordo de solicitar a axuda.

4. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que na documentación presentada as datas son contraditorias.
5. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración sobre o/os concello/s en que se vai desenvolver principalmente o programa.

6. Na certificación da secretaria en que se relacionan as asociacións que integran a federación non se indica o NIF da asociación C.A.V.A.S. Galicia.

7. Anexos IV: tense que indicar o número total de horas de traballo efectivo dedicadas ao programa (en formato horas: minutos), non o número de horas semanais. Ademais, nos correspondentes ás traballadoras Patricia, Sonia e Victoria non se pode validar a sinatura electrónica da persoa representante da entidade.

SI427A 2023/66

Valoresc Innovation

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non coincide nos anexos I e II.

2. Anexo III: especificar o/os colectivos de mulleres ao/aos que vai dirixido o programa de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria.

3. Aclaración sobre os servizos aos que está adscrito o monitor/formador en actividades de conciliación, xa que na súa ficha individualizada (anexo IV) ten asignados todos os servizos, pero no anexo III só consta no servizo f).

SI427A 2023/67

Fundacion Ronsel

1. Anexos IV: os presentados están nun formato editable, pódense modificar os datos.

SI427A 2023/68

Unión de Asociaciones de Mujeres Autonómas y Emprendedoras-UATAE Mujer

1. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalemente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2. Aclaración sobre os/as profesionais imputados/as ao programa: no anexo III relacionan a unha avogada, pero logo non presentan un anexo IV correspondente a este posto, senón a unha técnica de proxectos.

3. Anexos IV: nos presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas da representante legal da entidade. Ademais, no anexo IV correspondente á profesional María Josefa a súa sinatura como profesional non se pode realizar cun certificado de representación da entidade, senón que esta sinatura ten que realizarse en nome propio.

SI427A 2023/70

Asociación Andaina Pro Saúde Mental

1. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalemente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2023/71

Fundación Amigos de Galicia

1. Anexo II: o presentado está asinado electronicamente polo director xeral da entidade, non pola persoa secretaria e non está cuberto o campo da data en que a xunta directiva adoptou o acordo de solicitar a axuda.
2. Na documentación presentada están actuando como representantes legais da entidade dúas persoas distintas, polo tanto deberán presentar novamente os anexos IV asinados polo presidente da entidade, que é a persoa que asinou a solicitude.
3. Aclaración sobre os servizos que compoñen o programa, xa que no anexo III e na memoria complementaria consta o servizo d) servizo de mediación intercultural e/ou familiar pero nos anexos IV presentados non se lle asigna este servizo a ningunha das persoas adscritas ao programa.

SI427A 2023/72

Fundación Meniños

1. Aclaración sobre as axudas declaradas: deberán indicar a que gastos do programa se destina e cal é o período subvencionado por tales axudas, xa que de acordo co artigo 3.1 das bases reguladoras as subvencións obxecto desta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.
2. Anexo II: no presentado está certificando a representante legal da entidade, non a persoa secretaria.
3. Anexo III: na epígrafe «Perfil e relación dos/das profesionais que van participar directamente na execución do programa» deben relacionarse un a un os postos de traballo e a titulación requirida para o seu desempeño.

SI427A 2023/74

Fundación Formavigo

1. Anexos IV: nos presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas do representante legal da entidade e das traballadoras Ana Isabel e Cristina.

SI427A 2023/75

Asociación Antonio Noche

1. Anexo IV correspondente á integradora social Carmen María: o presentado está sen asinar pola traballadora.

SI427A 2023/77

Arelas Asociación de Familias de Menores Trans*

1. Anexo III: o presentado está sen cubrir.
2. Anexo IV: nos presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas. Ademais, no correspondente á traballadora social o número de horas imputadas ao programa (640) excede o número total de horas previsto no último parágrafo do artigo 6.5 para as persoas vinculadas coa entidade (máximo 100 horas).

SI427A 2023/78

Asociación Iris Social

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A 2023/80

Casa Santa María de la Esperanza Esclavas Virgen Dolorosa

1. Anexo II.
2. Anexo III: no presentado, na relación do persoal adscrito ao programa, non se indica a titulación requirida para o desempeño do posto de educador/a.
3. Anexos IV.

SI427A 2023/81

Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia-Acadar

1. Anexo II: no presentado, nos datos da persoa secretaria da entidade, figuran os datos da presidenta da entidade.
2. Anexo IV correspondente á traballadora social María Luz: non se pode validar a sinatura electrónica da presidenta da entidade.

SI427A 2023/82

Colegio Ntra. Sra. de Fátima en Creciente Esclavas de la Virgen Dolorosa

1. Anexo II.
2. Anexo III: a data de inicio do programa está fóra do período subvencionable desta convocatoria e na relación do persoal adscrito ao programa deben indicar os postos de traballo e a titulación requirida para o seu desempeño (no presentado non se relacionan de forma precisa).
3. Anexos IV.

SI427A 2023/83

Asociación de Ayuda y Atención al Preso de A Coruña

1. No anexo III indican que o programa inclúe o servizo c) de asesoramento xurídico, pero nos anexos IV non se lle asigna esta tarefa a ningunha das persoas adscritas ao programa.
2. Aclaración sobre as tarefas do servizo a) de información/orientación que vai desenvolver a profesora de perruquería e estética.

SI427A 2023/84

Asociación de Mulleres Pedra da Vella

1. Anexos IV: os presentados están sen asinar pola representante legal da entidade. Ademais, no anexo III indican que o programa se compón dos servizos a), b) e c), pero logo ningunha profesional ten asignadas as tarefas b) e c).
2. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2023/85

Asociación Arraianas

1. Anexos IV: nos presentados o número de horas imputadas ao programa non está no formato exixido.

SI427A 2023/87

Fundación CIP

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non coincide nos anexos I e II.
2. Anexo III: a epígrafe «perfil e relación dos/das profesionais que van participar directamente na execución do programa» non está debidamente cuberto, xa que en lugar de indicar a denominación do posto de traballo están indicando os datos persoais das profesionais.
3. Anexos IV: en todos os presentados non se pode validar a sinatura electrónica da representante legal da entidade e o tipo de vinculación non está debidamente cuberto.

SI427A 2023/88

Asociación Diversidades

1. Anexo II: no presentado non consta a contía solicitada.

SI427A 2023/90

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que non coincide coa que consta no RUEPSS.

2. Anexo II.

3. Anexo III: o presentado está sen asinar pola representante legal da entidade.

4. Anexos IV: nos presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas.

SI427A 2023/91

Asociación de Caridade Santiago Apóstol

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que non coincide coa que consta no RUEPSS.

2. Anexo II: está certificando o tesoureiro da entidade, non a persoa secretaria.

3. Anexo III: no presentado non se especifican o/os colectivo/s de mulleres en situación de especial vulnerabilidade de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria; a temporalización do programa excede o período subvencionable da convocatoria; as actuacións que compoñen o programa non están descritas detalladamente, ademais de que inclúen servizos non subvencionables (comedor).

4. Anexos IV: tense que indicar o número total de horas de traballo efectivo dedicadas ao programa (en formato horas: minutos), non o número de horas semanais.

SI427A 2023/92

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

1. Anexos IV correspondentes ao avogado e á avogada: os presentados están sen asinar polo/a profesional.

SI427A 2023/93

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo

1. Anexo III: presentan dous anexos III en que as datas de inicio do programa non son coincidentes. Por outro lado, as actuacións a) e b) teñen o mesmo contido, cando se trata de servizos distintos. Polo tanto, deberán presentar un novo anexo III cos datos definitivos a ter en conta para a subvención.

2. Anexo IV correspondente á profesional María Angélica: presentan dous anexos con datas de adscrición ao programa distintas, ademais de que os anexos non están asinados pola representante legal da entidade.

3. Anexo IV correspondente ao posto de asesoramento xurídico: non presentado.

4. Anexo IV correspondente á psicóloga: non está asinado pola representante legal da entidade e o tipo de vinculación non é correcto.

5. Aclaración sobre o tipo de vinculación coa entidade da profesional Soledad Paola: tipo de contratación (persoal propio da entidade ou contratación mercantil) e se forma parte da xunta directiva da entidade.

SI427A 2023/94

Asociación O Son do Pobo

1. Anexo II: o presentado está asinado polo presidente da entidade, non pola persoa secretaria.

2. Anexos IV do persoal adscrito ao programa: os presentados non se corresponden co modelo normalizado desta convocatoria 2023.

3. Aclaración sobre o lugar onde se desenvolve o programa, xa que indican que se leva a cabo nun centro ou piso de acollida pero segundo consta no RUEPSS non teñen ningún centro autorizado.

SI427A 2023/95

ONGD Senvalos

1. Anexos IV do persoal adscrito ao programa.

SI427A 2023/96

Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer-Tempus

1. Anexo II.

2. Anexo III.

3. Anexo IV do persoal adscrito ao programa.