Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Ribadumia e Meis (expediente IN407A 2023/001-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: reforma LMTA CBD807.

Situación: concellos de Ribadumia e Meis.

Características técnicas: liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56 en tres actuacións. A primeira é de 923 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/16 e final no apoio existente 9WFQDPG3//70-8-8. A segunda é de 45 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio existente 9WIKVT33//70-8-7-1. A terceira é de 121 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/16 e final no apoio proxectado C-1000/16. A instalación está situada nos lugares de Trastada, A Picoña e Remirón (San Fins de Lois), no concellos de Ribadumia, e na Pubuxeira (Nogueira), no concello de Meis (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/001-4.

Denominación: reforma LMTA CBD807.

Concellos: Ribadumia e Meis.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

m2

1

Salgueiral

Rústico

36046A027007290000YZ

Descoñecido/a

1

1,69

2

Areosa

Rústico

36046A027005710000YE

Ana María Padín e Carlos Diz Ferro

2

1,69

3

Lavandeiras

Rústico

36046027005840000YQ

Ana María Padín e Carlos Diz Ferro

3

2,25

4

Veiga de Abaixo

Rústico

36046A027005150000YY

Carmen Bermúdez Ricoy

4

1,69

5

Veiga de Abaixo

Rústico

36046A027005200000YQ

Lino Domínguez Rodríguez

5,6

3,38

6

Casal-Lois

Urbana

2695508NH2029N0001BH

Descoñecido/a

7

1,69

7

Trastada-Lois

Urbana

2597530NH2029N0001JH

Rosa Díaz Ortigueira

8

1,69