Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2022/540-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios 9MRBA3GN//D4-B21 e 9MOEHMKT//D4-B22 na LMT VLG805 e instalación ITC.

Situación: O Grove.

Características técnicas: substitución na LMTA VLG805, tramo VLG8057552, do apoio 9MRBA3GN//D4-B21 por un C-2000/16 e do 9MOEHMKT//D4-B22 por outro C-2000/16. Neste último apoio instálase un interruptor telecontrolado. Entre os dous apoios proxectados C-2000/16, téndese un van de 145 metros en condutor LA-110. A instalación está situada en Veiga do Pazo, San Vicente, no municipio do Grove (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/540-4.

Denominación: substitución dos apoios 9MRBA3GN//D4-B21 e 9MOEHMKT//D4-B22 na LMT VLG805 e instalación ITC.

Concello: O Grove.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

(m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Cachopeiras

Rústico

36022A02800350000ED

Carmen Castro Castro

1,69