Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada, por comparecencia, da resolución pola que se declara a perda do dereito ao cobramento total da axuda para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (procedemento MR405A).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada, por comparecencia, do acordo de inicio do procedemento de perda do dereito ao cobramento total da axuda para a creación de empresas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas para o ano 2018.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela a persoa interesada poderá interpoñer, potestativamente, o recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos prazos computaranse a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro dereito que consideren pertinente. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o dito prazo para presentar os recursos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría,
Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (procedemento MR405A).

Acto de notificación: resolución pola que se declara a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Persoa para notificar:

Expediente número: 15/00604/18.

DNI da persoa interesada: 78811497L.