Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de febreiro de 2023, polo que se aproba o trámite de información pública e informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado Mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na estrada PO-323, segunda fase (Vigo).

Antecedentes:

Con data do 23 de novembro de 2022, publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 223 o Anuncio do 4 de novembro de 2022 polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na estrada PO-323, segunda fase (Vigo), actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave PO/22/089.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

En virtude do disposto no artigo 55.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de febreiro de 2023, polo que se aproba o trámite de información pública e informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado Mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na estrada PO-323, segunda fase (Vigo), que se recolle como anexo a esta resolución.

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase formular recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo se poida formular recurso de reposición no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de ser un suxeito obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración para a interposición do recurso de reposición deberá empregar o modelo IF321B de recurso en materia de infraestruturas dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/ ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2023

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de febreiro de 2023,
polo que se aproba o trámite de información pública e informe
das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado
Mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na estrada PO-323, segunda fase (Vigo)

1º. Aprobar o expediente correspondente aos trámites de información pública e informe das administracións afectadas, do proxecto de trazado Mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na estrada PO-323, segunda fase (Vigo), de clave PO/22/089.06, coas seguintes modificacións respecto do trazado sometido a información pública:

• Procederase a recuar o saínte da vivenda no número 293 da avenida de Galicia, igualándoo coa aliñación da edificación contigua. Valorarase a expropiación do terreo e a expropiación da parte da vivenda que se vai demoler, e incluirase a reconstrución do resto da vivenda, dentro das obras que se realizarán.

• Levarase a cabo o reforzo da semaforización no acceso ao Colexio Público San Salvador e a mellora de instalación semafórica no cruzamento entre Baixada á Rotea e a avenida de Galicia.

2º. Aprobar definitivamente o proxecto de trazado Mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na estrada PO-323, segunda fase (Vigo), de clave PO/22/089.06, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Consonte establece o artigo 23.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Vigo, en que se asentan as infraestruturas obxecto do proxecto, deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no cal se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo dun ano e, en todo caso, na súa primeira modificación o revisión.

A aprobación definitiva do proxecto de trazado implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, se é o caso, puidesen aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño.