Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2023 Páx. 17057

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no terceiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2023

Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no terceiro cuadrimestre do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total do convenio

Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela para fomentar o emprego do castiñeiro e a súa contribución na descarbonización do sector da construción.

30.12.2022

351.653,01 €