Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2023 Páx. 17041

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 6 de marzo de 2023 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR605A).

BDNS (Identif.): 671815.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Modifícase o artigo 12, punto 1, que queda redactado do seguinte xeito:

«1. Ampliar o prazo de presentación de solicitudes nun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Esta ampliación permite que as persoas que xa formularon solicitude no prazo transcorrido ata a modificación desta orde poidan manter ou modificar a súa solicitude ou que aquelas persoas que non formulasen solicitude con anterioridade poidan formulala tendo en conta as novas condicións».

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural