Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: regulamentación LMTA SEQ805 entre apoios 81-40-B-48 e 81-40-B-64.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
– Reforma da LMTA SEQ805, a 20 kV, no tramo comprendido entre os apoios números 81-40-B-48 e 81-40-B-64, coa substitución dos doce apoios de madeira existentes por sete apoios de celosía metálica, e cambio do condutor LA-30 actual a LA-56, cunha lonxitude de 833 m.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días a contar desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.
A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Quiroga. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/quiroga
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160 do 27 de xuño).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 8 de febreiro de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Nº de predio |
Propietario |
Parcela |
Afección |
||||||
Nome e apelidos |
Datos catastrais |
Lugar |
Cultivo |
Apoio |
Voo |
||||
Políg. |
Parc. |
Nº |
Superficie (m²) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m²) |
||||
3 |
MV Villarbacú |
90 |
493 |
Barraquiña Rubia |
Monte alto |
82.0 |
1.280.0 |
||
5 |
MV Villarbacú |
90 |
588 |
Barra |
Monte alto |
4.0 |
|||
13 |
Florinda Fernández |
90 |
448 |
Ponte |
Monte alto |
9.0 |
148.0 |
||
17 |
Descoñecido |
90 |
437 |
Ponte |
Prado |
116.0 |
|||
20 |
José Delfín Bao March |
90 |
453 |
Carballois |
Monte alto |
6.0 |
|||
25 |
Hros. Constantino Vieiro |
90 |
460 |
Pedreiras |
Prado |
9.0 |
139.0 |
||
26 |
Descoñecido |
90 |
608 |
Pedreiras |
Prado |
13.0 |
206.0 |
||
29 |
Descoñecido |
90 |
418 |
Mea |
Prado |
19.0 |
308.0 |
||
30 |
Descoñecido |
90 |
419 |
Mea |
Prado |
53 |
2.0 |
49.0 |
784.0 |
38 |
José Delfín Bao March |
90 |
181 |
Lombo Datuia |
Monte alto |
54 |
2.0 |
18 |
261.0 |
40 |
Hros. Severino Gómez |
90 |
173 |
Cibeiro |
Monte alto |
73.0 |