Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT As Viñas, no concello de Narón (expediente IN407A 2022/127-1), acto que terá lugar nas dependencias municipais do dito concello segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla, sen prexuízo de acudir aos predios se as persoas interesadas así o solicitan.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 20 de febreiro de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/127-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT As Viñas.
Concello: Narón.
Predio nº |
Datos catastrais |
Propietario proposto |
Día |
Hora |
1 |
64710B6NJ6167S0000HL |
Ubaldo Otero Penabad |
3 de abril |
10.30 h |