Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT FRI808 entre apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.
Os interesados poderán presentar, no prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.
Vigo, 17 de febreiro de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/62-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación LMT FRI808 entre apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5.
Concello: A Cañiza.
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade |
3 |
36009B516015430000FH |
Aurora Reinaldo Vázquez |