Mediante a Orde do 10 de novembro de 2022 (DOG núm. 221, do 21 de novembro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, e demais normativa vixente, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlle o destino no posto de traballo que se indica á persoa funcionaria de carreira que se relaciona no anexo I desta orde.
Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no punto anterior as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.
Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2023
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
ANEXO I
Apelidos e nome: María Pilar Fernández Ruiz.
NIF: ***0771**.
Subgrupo: A2.
Corpo ou escala: corpo facultativo de grao medio, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas.
Posto de traballo: director/a biblioteca.
Código do posto: ED.C99.50.101.36001.001.
Nivel: 26.
Centro de destino: Biblioteca de Pontevedra.
Localidade: Pontevedra.
* O NIF amósase cifrado coa finalidade de protexer os datos de carácter persoal.