Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2023 Páx. 16005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 30 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Penas Longas, nos concellos de Ortigueira e Mañón (A Coruña) (expediente IN408A 2020/022).

Sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación, en cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación.

Solicitante/promotora: Adelanta Corporación, S.A. (CIF: A32015547).

Enderezo para efectos de notificacións: parque San Lázaro, 7-1º, 32003 Ourense.

Denominación do proxecto: parque eólico Penas Longas (expediente IN408A 2020/022).

Concellos afectados: Ortigueira e Mañón (A Coruña).

Potencia máxima do parque: 18 MW.

Nº de aeroxeradores que se van instalar: 3 ud × 6,0 MW.

Produción neta estimada: 54.401 Mwh/ano.

Orzamento total (execución material): 11.010.612 €.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Penas Longas

A.D.E.

Serra da Panda

Vértice poligonal

Parque eólico Penas Longas

UTM ETRS 89 fuso 29

Termo municipal

UTM-X

UTM-Y

1

599.450

4.831.050

Ortigueira

2

600.400

4.831.050

Mañón

3

600.400

4.830.800

Mañón

4

599.500

4.829.790

Mañón

5

598.200

4.829.790

Ortigueira

6

598.200

4.830.650

Ortigueira

Aeroxerador

Parque eólico Penas Longas

UTM ETRS 89 fuso 29

Termo municipal

UTM-X

UTM-Y

1

598.626

4.830.446

Ortigueira

2

598.630

4.830.134

Ortigueira

3

598.929

4.830.099

Ortigueira

Centro de seccionamento

e control

Parque eólico Penas Longas

UTM ETRS 89 fuso 29

Termo municipal

UTM-X

UTM-Y

Envolvente

598.928,31

4.830.161,73

Ortigueira

598.932,16

4.830.160,75

Ortigueira

598.929,76

4.830.151,37

Ortigueira

598.925,91

4.830.152,35

Ortigueira

Características técnicas das instalacións:

• Tres (3) aeroxeradores modelo V150 fabricado por Vestas, de 6,0 MW de potencia unitaria. Os aeroxeradores son de velocidade e paso variable, as alturas da buxa dos aeroxeradores serán as seguintes (nº 1: 125 m, nº 2: 105 m, nº 3: 125 m); o diámetro de rotor será de 150 m.

• Tres (3) centros de transformación tipo seco encapsulados de potencia unitaria 7.000 kVA e relación de transformación 0,720/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

• Rede eléctrica soterrada de 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación e o centro de seccionamento do parque, composta por 2 circuítos condutores tipo RHZ1-OL AL, H16 18/36 kV, de 240 mm2, de aluminio.

• Rede de terras xeral de maneira que as instalacións electromecánicas e o centro de seccionamento formen un conxunto equipotencial. A rede de terras xeral está constituída por condutor de Cu-50 mm2 soterrado na mesma gabia que os condutores de media tensión e unirá a malla de posta á terra do centro de seccionamento co conxunto dos aeroxeradores:

– A posta á terra dos aeroxeradores consiste en dous aneis, de 10 e 22 metros de diámetro cada un, formada por un condutor de cobre de 70 mm2 de sección e 4 picas de aceiro cobrizado de 2 m de lonxitude.

– A posta á terra do centro de seccionamento consistirá nunha malla rectangular de superficie aproximada de 3.600 m2, formada por un condutor de cobre de 95 mm2 de sección, ademais de varias picas de aceiro cobrizado de 2 m de lonxitude.

• Rede de comunicacións constituída por condutor de fibra óptica.

• Centro de seccionamento e medida constituído polos seguintes elementos principais:

- Celas de media tensión 30 kV para medida, seccionamento e protección de liñas de entrada/saída de circuítos, illadas en SF6.

- Cela de medida con transformador de intensidade e tensión.

- Cela de servizos auxiliares.

- Armario de contadores para medida.

- Armario rectificador-cargador. Tensión de 2022 V AC e 48 V DC.

- Armario de servizos auxiliares.

- Cadro de control.

- Rack de comunicacións.

- Sistema de posta á terra en anel, que estará conectada coa posta á terra de enlace do parque eólico.

O edificio do centro de seccionamento consistirá nun módulo prefabricado normalizado que non require obra civil in situ salvo a nivelación do terreo.

• A evacuación da enerxía xerada no parque eólico farase desde o centro de seccionamento do parque eólico Penas Longas mediante unha liña aero-subterránea denominada LAT 30 kV para evacuación de PE Penas Longas e PE de Muruás (en tramitación, non obxecto do presente expediente) ata a subestación Gañidoira 30/60 kV; desde aquí proxéctase unha liña aero-subterránea denominada LAT 66 kV subestación Gañidoira-subestación colectora As Pontes (en tramitación, non obxecto do presente expediente) ata a subestación colectora As Pontes ampliación 66/400 kV. Desde a subestación colectora As Pontes ampliación 66/400 kV proxéctase unha liña de 400 kV ata o nó Pontes G.R. 400 kV de REE.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto técnico do PE Penas Longas (xaneiro 2023-asdo. 18.1.2023).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) do PE Penas Longas (maio 2022-asdo. 13.5.2022).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) do PE Penas Longas (xaneiro 2023-asdo. 18.1.2023).

Polo exposto, o proxecto faise público para o coñecemento xeral, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 23), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa dos concellos de Ortigueira e Mañón (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 30 de xaneiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña