Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2023 Páx. 16002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Amoeiro (expediente IN407A 2023/002-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, CTI e RBTA Cerval.

Situación: lugar Cerval, concello de Amoeiro.

Características principais recollidas no proxecto:

LMT aérea, a 20 kV, de 379 m de lonxitude, en condutor LA-56 con orixe no apoio existente núm. 52-28-30-7 do tipo C-14/2000 da SAC805 e remate no apoio proxectado de tipo C-14/3000 no cal se instala o centro de transformación á intemperie proxectado.

Centro de transformación á intemperie proxectado que se vai instalar sobre o apoio proxectado núm. 3 de tipo C-14/3000 con potencia aparente 50 kVA e R/T 20.000/400 V.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 28.11.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 27 de xaneiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/002-3.

Termo municipal: Amoeiro.

Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBTA Cerval.

Predios

Propietarios

Afección apoio ao CTC

Servidume de voo

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Superficie ocupada (m2)

Lonx. MTS

Sup. afectada m2

4

Fonte

Labradío

Hdros. de Eladio González Novoa

19

255

5

Fonte

Labradío

Hdros. de Manuel González Novoa

20

255

9

Pozo

Labradío

José Araujo Leal

27

437

10

Pozo

Labradío

Descoñecido

10

114

19

Tarruxeiras

Labradío

Hdros. de Manuel González Novoa

12

199

22

Tarruxeiras

Labradío

María del Carmen Fernández González

39

23

Cos da Vila

Labradío

Hdros. de Eladio González Novoa

2

1

36

539

26

Cruz da Vila

Labradío

Hdros. de Eladio González Novoa

5

105

27

Lameiro

Labradío

María Castro Conde

30

521

28

Lameiro

Labradío

Hdros. de Auria González Fernández

43

523

30

Lameiro

Prado

María Belén Dopazo Rodríguez

18

210