Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2023 Páx. 16016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 1/2022, relativo á concesión da autorización comercial autonómica para a reforma e ampliación dun establecemento comercial individual en Culleredo, promovido por Mercartabria, S.L.U.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica para a reforma e ampliación dun establecemento comercial individual en Culleredo, promovido por Mercartabria, S.L.U.

Para estes efectos, completando a información que se lle debe outorgar ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Mercartabria, S.L.U. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica para a reforma e ampliación dun establecemento comercial individual en Culleredo.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano do cal pode obterse información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, no seguinte enlace:

https://economia.xunta.gal/transparencia/autorizacions-grandes-superficies-comerciais/gadis-culleredo

e) A participación do público poderá realizarse durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e Consumo e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, no prazo de 20 días hábiles a partir da data de publicación do presente anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo