Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2023 Páx. 16044

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes do Plan especial de reforma interior UA 61 Vilarrodís (14/2022.ED).

Expedientes: 2022/U051/000001 e 2022/G006/000595.

A Xunta de Goberno Local (XGL), en sesión ordinaria que tivo lugar o venres 16 de decembro de 2022, adoptouse, entre outros, o acordo de aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes do Plan especial de reforma interior UA 61 Vilarrodís (14/2022.ED).

No certificado da XGL figura a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes da UA 61, asinado polos arquitectos Mateo Miyar Olaiz e Gonzalo Serantes Conchado en maio de 2022, con rexistro de entrada 23.5.2022 (3641).

Segundo. Abrir un período de información pública por un prazo dun mes desde a publicación do anuncio da aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Durante o período de información pública o estudo de detalle poderá ser examinado por calquera persoa e poderanse formular as alegacións que procedan.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello.

Terceiro. Notificar individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados e outorgarlles un período de audiencia dun mes.

Cuarto. Suspender o outorgamento das licenzas na área afectada pola aprobación do estudo de detalle, e que é a determinada polas parcelas con referencia catastral:

• 2563102NH4926S0000EK.

• 2563101NH4926S0001KL.

• 2563125NH4926S0001LL.

• 2563124NH4926S0001PL.

• 2563123NH4926S0001QL.

• 2563122NH4926S0001GL.

• 2563121NH4926S0001YL.

• 2563103NH4926S0001DL.

A duración da suspensión é, como máximo, de dous anos, contados desde a dita aprobación inicial, e extinguirase, en calquera caso, coa aprobación definitiva do plan.

Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva deste acordo, poderase consultar a documentación íntegra aprobada inicialmente na seguinte ligazón:

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/976995e19f088699a9f60f9f1bce2002891b2063

Réxime de recursos.

En relación cos puntos primeiro, segundo e terceiro do acordo adoptado pola XGL da Corporación o 16 de decembro de 2022, teñen a natureza xurídica de actos administrativos de trámite non susceptible de impugnación independente, pero podería ser alegado polos interesados para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento. Todo isto segundo o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, poderá presentar, no período de información pública que se lle notifica mediante este anuncio, as alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación.

En relación co momento cuarto do acordo adoptado pola XGL da Corporación o 16 de decembro de 2022, en relación coa suspensión de licenzas no ámbito, por tratarse dun acto de trámite cualificado, segundo o establecido no artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 desta lei. O recurso potestativo de reposición será presentado ante a XGL da Corporación, órgano que o ditou, no prazo máximo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da recepción da notificación deste acordo, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Arteixo, 26 de xaneiro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto 1/2023, do 2.1.2023)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio