Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación do proxecto denominado Ampliación de camiño desde a rúa Torrente Ballester ata a rúa República Arxentina e aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa para a execución do referido proxecto.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o 13 de febreiro de 2023, mediante a Resolución da Alcaldía número 457/2023, foi aprobado o proxecto de obras denominado Ampliación de camiño desde a rúa Torrente Ballester ata a rúa República Arxentina, redactado polo arquitecto Miguel Ángel Abad Blanco e polo enxeñeiro agrónomo Rafael Santos Couceiro, e inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución do referido proxecto.

Así mesmo, consonte a devandita resolución, procede someter a información pública por período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada, con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Ref. catastral

Titular

Sp. total

(m²)

Exprop. def. (m²)

1

9551317NH3995S0001TK

Martínez Palleiro, Eduardo José

1.591*

244

2

9551316NH3995S0001LK

Sánchez Lago, Manuel

3.783,00

167

3

9551315NH3995S0001PK

Lista Orgeira, Jesús Ángel

606,00

89

4

9551314NH3995S0001QK

Lista Rega, José

Orgeira Becerra, Pilar

1.099,00

5

5

9450906NH3995S0001YK

Arias Fernández, Nais (100 % usufruto)

Vázquez Arias, Jesús (100 % Np)

1.433,00

225

6

9450905NH3995S0001BK

Fontenla Ramil, Felisa (100 % usufruto)

Mariño Fontenla, Patricia María Ascensión (20 % Np)

Mariño Fontenla, Virginia (20 % Np)

Mariño Fontenla, Sonia Águeda (20 % Np)

Mariño Fontenla, Bárbara (20 % Np)

Mariño Fontenla, María José (20 % Np)

3.338,00

198

7

9450904NH3995S0001AK

López Méndez, Jesús

271,00

29

8

9450903NH3995S0001WK

López Méndez, Jesús

288,00

33

9

9450902NH3995S0001HK

López Méndez, Jesús

303,00

33

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.

Arteixo, 13 de febreiro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto 1/2023, do 2 de xaneiro)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano