Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15931

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación do proxecto de execución e urbanización das rúas Millareira e Campanilla e aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa para a execución do referido proxecto.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o 13 de febreiro de 2023, mediante a Resolución da Alcaldía número 456/2023, foi aprobado o proxecto de execución e urbanización das rúas Millareira e Campanilla, subscrito polo arquitecto Andrés Soto Núñez en xaneiro 2023, e inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución do referido proxecto.

Así mesmo, consonte a devandita resolución, procede someter a información pública por un período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada, con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Ref. catastral

Titularidade

Sp. total (m²)

Exprop. def. (m²)

1

3683203NH4938S0001MA

Canedo Arijón, Francisco (33,33 %)

Canedo Arijón, Ramón [herdeiros de] (33,33 %)

Canedo Arijón, María Amparo (33,33 %)

110

29,96

2

3683211NH4938S0001XA

Canedo Arijón, Francisco (33,33 %)

Canedo Arijón, Ramón [herdeiros de] (33,33 %)

Canedo Arijón, María Amparo (33,33 %)

110

25,75

3

3683210NH4938S0001DA

Canedo Arijón, Francisco (33,33 %)

Canedo Arijón, Ramón [herdeiros de] (33,33 %)

Canedo Arijón, María Amparo (33,33 %)

120

28

4

15005A064000780000PU

Descoñecido

464

420,67

5

15005A064002190001AG

Descoñecido

106

91,93

6

3683207NH4938S0001DA

Canedo Arijón, Francisco (33,33 %)

Canedo Arijón, Ramón [herdeiros de] (33,33 %)

Canedo Arijón, María Amparo (33,33 %)

120

31,31

7

3683202NH4938S0001FA

Canedo Arijón, Francisco (33,33 %)

Canedo Arijón, Ramón [herdeiros de] (33,33 %)

Canedo Arijón, María Amparo (33,33 %)

112

29,34

8

15005A064000770000PZ

Inmobiliaria Residencia Parque Ronda, S.L.U.

145.815

42,54

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.

Arteixo, 13 de febreiro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto 1/2023, do 2 de xaneiro)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano