Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15673

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2023 pola que se nomea a Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Mediante a Resolución do 29 de decembro de 2022, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural convocou o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico/a de contabilidade, técnico/a de plans e estudos, técnico/a superior de estudos, oficial/a administrativo/a, programador/a (técnico/a informático/a) e condutor/a ordenanza, grupos I, III e IV da Agader.

A epígrafe IV.I da dita resolución dispón que a Comisión de Selección do proceso selectivo será nomeada mediante resolución da Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural que se publicará no DOG. Así mesmo, establece que a súa composición virá determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, no artigo 60 do TRLEBEP e no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta o anterior,

RESOLVO:

Nomear como membros da Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico/a de contabilidade, técnico/a de plans e estudos, técnico/a superior de estudos, oficial/a administrativo/a, programador/a (técnico/a informático/a) e condutor/a ordenanza, grupos I, III e IV da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, as seguintes persoas:

– Presidente: José Sanlés López.

– Secretaria: Pilar Domínguez Prieto.

– Vogais:

Juan José Martínez Piñeiro.

Cristina Zolle Fernández.

José Miguel Curiel Cepeda.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural