Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15675

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública, para a cobertura, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos.

Por Resolución do 10 de xaneiro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (DOG núm. 12, do 18 de xaneiro), convocouse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, un posto vacante de xefe/a de servizo de Expedient-e Electrónico e Atención ao Traballador na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de informe da Dirección de Recursos Humanos, ao cal se fai referencia na base quinta,

Esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública, para a provisión, dun posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, sinalado no anexo desta resolución.

Segundo. Nomear, no posto indicado, a persoa que se cita no anexo desta resolución.

Terceiro. O/a profesional nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de sete días, se son de distinta área de saúde, ou dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde, de conformidade, co artigo 30.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola Xerencia da Área Sanitaria.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación, polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 17 de febreiro de 2023

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: xefe/a de servizo de Expedient-e Electrónico e Atención ao Traballador da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Nome e apelidos: Roberto Lorenzo Vázquez.

DNI (*): ***5007**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade, para preservar os datos de carácter persoal, de conformidade, coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.