Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2023, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica a apertura de dilixencias previas no expediente de reclamación 81/22.

Intentada a notificación da apertura de dilixencias previas ao DNI 77596216N, relativas a unha reclamación en materia de turismo (expediente de reclamación 81/2022), non puido ser practicada por causas non imputables á Administración. En consecuencia, e de conformidade co previsto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícaselle ao titular do citado DNI, en calidade de reclamado, a apertura de dilixencias previas derivadas de reclamación en materia de turismo, mediante a inserción deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro do documento que se notifica está á súa disposición na Área Provincial de Turismo de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, do concello de Lugo. Dispón dun prazo de quince días para a comparecencia e o coñecemento do contido íntegro do acto, así como para presentar alegacións e achegar os documentos que considere convenientes, de acordo co artigo 12.1 do Decreto 148/2013, do 12 de setembro, polo que se regulan o libro de visitas da inspección turística e as follas de reclamacións de turismo.

Lugo, 13 de febreiro de 2023

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo