Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2023 Páx. 15421

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2023, da Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (Diario Oficial de Galicia número 19, do 28 de xaneiro de 2022).

Primeiro. A Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG número 19, do 28 de xaneiro de 2022), establece no seu artigo 4 que a concesión das subvencións estará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nestes programas. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A Orde do 29 de decembro de 2021 establece no seu artigo 4.5 que a distribución provincial de créditos será directamente proporcional á porcentaxe de paro rexistrado en cada provincia o 31 de decembro de 2020, segundo os datos rexistrados no Servizo Público de Emprego de Galicia. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación en cada ámbito provincial.

Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 7 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

Terceiro. A Orde do 29 de decembro de 2021 establece no seu artigo 4.1 que se financiará cos seguintes créditos:

– Para os incentivos á contratación das mulleres desempregadas, a aplicación orzamentaria 11.04.322C 472.0, código de proxecto 2016 00313, cun crédito de 5.000.000 de euros (fondo finalista).

– Para os incentivos á contratación das persoas mozas, a aplicación orzamentaria 11.04.322C 470.3, código de proxecto 2016 00308, cun crédito de 2.000.000 de euros (fondo propio).

– Para os incentivos á contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e en situación ou risco de exclusión social, a aplicación orzamentaria 11.04.322C 470.9, código de proxecto 2016 00309, cun crédito de 2.950.000 euros (fondo finalista).

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas de longa duración, a aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316, cun crédito de 2.000.000 euros (fondo finalista).

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas en que a entidade beneficiaria sexa unha entidade sen ánimo de lucro, a aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.8, código de proxecto 2015 00522, cun crédito de 500.000 euros (fondo finalista).

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo ás aplicacións orzamentarias indicadas, ao abeiro do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e procede á súa convocatoria para o ano 2022, de acordo coa repartición provincial da contía segundo o paro rexistrado en 31 de decembro de 2020:

Provincia da Coruña:

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 2.000.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 14.2.2022, ás 16.05.54 horas (expediente TR342C/2022/484-1).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308: correspóndelle unha contía de 800.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 28.2.2022, ás 21.15.31 horas (expediente TR342C/2022/770-1).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 1.180.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 1.9.2022, ás 8.13.44 horas (expediente TR342C/2022/1731-1).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.8, código de proxecto 2015 00522: correspóndelle unha contía de 200.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 10.5.2022, ás 13.20.13 horas (expediente TR342C/2022/1619-1).

Provincia de Lugo:

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 500.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 1.2.2022, ás 9.50.18 horas (expediente TR342C/2022/78-2).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308: correspóndelle unha contía de 200.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 7.2.2022, ás 19.58.59 horas (expediente TR342C/2022/217-2).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316: correspóndelle unha contía de 200.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 17.3.2022, ás 11.54.40 horas (expediente TR342C/2022/536-2).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 295.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 14.3.2022, ás 16.09.24 horas (expediente TR342C/2022/519-2).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.8, código de proxecto 2015 00522: correspóndelle unha contía de 50.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 17.2.2022, ás 9.35.00 horas (expediente TR342C/2022/339-2)

Provincia de Ourense:

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 550.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 4.2.2022, ás 14.28.45 horas (expediente TR342C/2022/89-3).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308: correspóndelle unha contía de 220.500 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 10.2.2022, ás 9.21.25 horas (expediente TR342C/2022/154-3).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316: correspóndelle unha contía de 220.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 07.4.2022, ás 12.45.24 horas (expedienteTR342C/2022/405-3).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 324.500 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 25.3.2022, ás 10.24.21 horas (expediente TR342C/2022/376-3).

Provincia de Pontevedra:

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 1.950.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 9.2.2022, ás 9.44.09 horas (expediente TR342C/2022/364-5).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308: correspóndelle unha contía de 780.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 3.3.2022, ás 10.19.45 horas (expediente TR342C/2022/924-5).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316: correspóndelle unha contía de 780.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 1.8.2022, ás 14.30.11 horas (expediente TR342C/2022/2233-5).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 1.150.500 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 10.5.2022, ás 19.33.52 horas (expediente TR342C/2022/1775-5).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.8, código de proxecto 2015 00522: correspóndelle unha contía de 195.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 24.3.2022, ás 9.36.37 horas (expediente TR342C/2022/1311-5).

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2023

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social