Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15276

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2023 pola que se fai pública a composición da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) consonte o disposto nos seus estatutos.

O artigo 23 dos estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), aprobados polo Decreto 6/2018, do 11 de xaneiro, establece que a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) estará constituída polo seu presidente ou presidenta, a directora ou director do consorcio, que asistirá as xuntanzas con voz e sen voto, e oito vogais elixidos polo Consello Reitor, nomeados pola presidenta ou presidente deste, seis dos cales serán nomeados de entre destacados membros da comunidade académica e científica nacional ou internacional, un será nomeado de entre destacados membros do ámbito profesional ou empresarial galego, con recoñecida experiencia e traxectoria en materia de avaliación universitaria, e outro será nomeado de entre o estudantado das universidades do SUG integrantes do consorcio.

O punto terceiro do citado artigo establece que os vogais da CGIACA serán nomeados por un período de catro anos, procedendo cada dous anos á renovación da metade dos vogais académicos.

Transcorrido o mandato establecido nos estatutos, na xuntanza do Consello Reitor de ACSUG, do 22 de decembro de 2022, elixíronse tres novos vogais académicos, así como un vogal estudante e un vogal representante do ámbito profesional ou empresarial galego. Todos eles foron nomeados pola presidenta de ACSUG.

De conformidade co establecido no punto 2 do artigo 23 dos estatutos de ACSUG a composición da CGIACA debe publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto, faise pública a composición da citada comisión:

Presidente:

• Miguel Ángel Santos Rego: catedrático de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Vogais:

• María Belén Bande Vilela, profesora titular de Comercialización e Investigación de Mercados da Universidade de Santiago de Compostela. Vogal académica.

• María José Bravo Bosch, profesora titular de Dereito Romano da Universidade de Vigo. Vogal académica.

• María Ángeles Cid Blanco, catedrática de Microbioloxía da Universidade da Coruña. Vogal académica.

• María José Domínguez Vázquez, profesora titular de Filoloxía Alemá da Universidade de Santiago de Compostela. Vogal académica.

• Emilio Martín Gutiérrez, profesor titular de Mecánica dos Medios Continuos e Teoría de Estruturas da Universidade da Coruña. Vogal académico.

• Margarita Rosa Pino Juste, catedrática de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Vigo. Vogal académica.

• Juan Jesús Rico Fuentes, estudante de doutoramento da Universidade de Vigo. Vogal estudante en representación do alumnado do SUG.

• Fernando Barros Fornos, ecónomo diocesano de Santiago de Compostela. Vogal en representación do ámbito profesional e empresarial galego.

• José Eduardo López Pereira, director de ACSUG. Vogal con voz e sen voto.

Secretario:

• Francisco Rico Rey, técnico de ACSUG. Secretario da CGIACA con voz e sen voto.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2023

María Patrocinio Morrondo Pelayo
Presidenta do consorcio Axencia para a Calidade
do Sistema Universitario de Galicia