Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2023 Páx. 15193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados polo proxecto da instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA ALB804-CT 32A049 Muimenta, no concello de Carballeda de Avia, provincia de Ourense (expediente IN407A 2020/61-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puider efectuar...» mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento dos predios afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA ALB804-CT 32A049 Muimenta, na Casa do Concello de Carballeda de Avia, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 7 de febreiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2020/61-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: Carballeda de Avia.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB804-CT 32A049 Muimenta.

Predio núm.

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

CMVMC Gaiteira Lousado Coto

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Carballeda de Avia

13.4.2023

11.30