Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2023 Páx. 15195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2022/132-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto LAMT SAR806-derivada a Santo Estevo CT 27A580 (Sarria), segundo se sinala no cadro anexo.

Así mesmo, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición, durante un prazo de trinta (30) días, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/distribucion-transporte/lmta-sarria

Lugo, 8 de febreiro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/132-2.

Denominación: LMTA SAR806-derivada a Santo Estevo CT 27A580 (Sarria).

Concello: Sarria.

Declaración de utilidade pública

Ref. catastral

Propietario

Apoio

Afeccións

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

m2

ml aéreo

m2 aéreo

14

14

579

Fonte Canto

Prado

Descoñecido

69-30-8-3

2.0

90.0

1.405.0

19

16

767

Horto das Fontes

Labradío

Descoñecido

0.0

16.0

24

16

876

Redondelo

Matogueira

Descoñecido

0.0

133.0

25

16

877

Fontiveira

Matogueira

Descoñecido

69-30-8-6

2.0

24.0

359.0

26

16

1982

Fontes

Matogueira

Descoñecido

0.0

9.0

29

16

893

Fontes

Matogueira

Descoñecido

0.0

10.0

30

16

891

Santo Estevo

Matogueira

Descoñecido

85.0

1.315.0