Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2023 Páx. 15210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia ANI-CO-0011/2022.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG núm. 194, do 11.10.2017, e BOE núm. 263, do 30.10.2017) sonlle notificados á persoa indicada no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, as ditas persoas interesadas poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situado na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 8 de febreiro de 2023

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

Persoa interesada

DNI, NIF ou NIE

Acto administrativo

ANI-CO-0011/2022

49677807S

Cambio de instrutora e proposta de resolución