Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2023 Páx. 15212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a resolución pola que se declara a caducidade do certificado de capacitación para o adestramento na Comunidade Autónoma de Galicia (expediente CCA-D-077).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a resolución pola que se declara a caducidade do certificado de capacitación para o adestramento na Comunidade Autónoma de Galicia a persoa interesada que se sinala no anexo, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e ao non ser posible efectuala.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que a persoa interesada entenderase notificada desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución do expediente referido, que non finaliza a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contado o dito prazo desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Acto adoptado pola

CCA-D-077

José Miguel Bouza Freire

Resolución

Directora xeral