Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2023 Páx. 15239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente REC-CO-0021-2022 AGRI.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal, emprázase a interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo-Xurídico Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 8 de febreiro de 2023

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI

Acto de notificación

REC-CO-0021-2022 AGRI

32242970Y

Proposta de resolución