Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2023 Páx. 15238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación das resolucións de modificación do acordo, a causa da revisión cartográfica e documental da zona de concentración parcelaria de Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, contados desde o dia seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo, poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 6 de febreiro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Monte veciñal non clasificado San Martiño

Resolución

Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense)

Monte veciñal non clasificado Pereiro

Resolución

Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense)