Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2023 Páx. 15222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20220124TA-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 16 de novembro de 2022, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20220124TA-OU incoado ao titular do DNI 44498762H, con enderezo na rúa praza da Trinidade, número 7-3º D, 32005 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e ao non ser posible a súa práctica, mediante esta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do DNI 44498762H, con enderezo na praza da Trinidade, número 7-3º D, 32005 Ourense, o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 8 de febreiro de 2023

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 20220124TA-OU.

DNI/NIF/CIF/NIE: 44498762H.

Último enderezo coñecido: praza da Trinidade, número 7-3º D, 32005 Ourense.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7.u): «prohíbese fumar en bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: «consideraranse infraccións leves: a) fumar nos lugares en que exista prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto».

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).