Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 14989

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a documentación relativa á prórroga da concesión de explotación Villalonga fracción 1ª, número 2517.1 (PO/C/02517.1), situada nos termos municipais de Sanxenxo e Meaño, provincia de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública a documentación relativa á prórroga da concesión de explotación Villalonga fracción 1ª, nº 2517.1 (PO/C/02517.1), situada nos termos municipais de Sanxenxo e Meaño, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), e alegar por escrito todo o que crean oportuno, presentándoo en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra