Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 14990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO de 6 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, de información pública dun proxecto no concello de Paradela (expediente IN407A 2022/37 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a información pública do proxecto denominado regulamentación LMTA SAR804 entre os apoios nº D155 e nº D158, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 6 de febreiro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/37 AT.

Regulamentación LMTA SAR804 entre os apoios nº D155 e nº D158.

Información pública da autorización administrativa e declaración de utilidade pública.

Predio

Propietario

Anotación Correo

Concello

Polígono

Parcela

1

Jaime Fernández Ojea

Enderezo incorrecto

Paradela

17

1107